top of page

‘Voces Novas’ toma a palabra no XI Foro de Participación Infantil no Parlamento galego

  • metanoiagalicia
  • 1 dic 2023
  • 2 Min. de lectura

Representantes dos consellos locais de infancia e mocidade de once municipios participaron nun encontro educativo que se desenvolveu na cámara de representantes


Consellos locais de infancia reunidos no Parlamento // Metanoia

Metanoia


Representantes do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, ‘Voces Novas’ alzaron de novo a súa voz no XI Foro de Participación Infantil e Adolescente de Unicef no Parlamento de Galicia, no que afondaron sobre cuestións como a desprotección de nenos e nenas e adolescentes no campo da familia, da sanidade, da educación e do lecer, incluíndo as novas tecnoloxías e as redes sociais.


Co foco posto no dereito á protección e na non violencia, a portavoz de ‘Voces Novas’, Alejandra, tomou a palabra para lembrar que en menos de dous anos a sociedade ten asistido ao desenvolvemento de dúas guerras mediáticas, a de Gaza e a de Ucraína, e a outras moitas que seguen existindo, aínda que silenciadas. “Sen saír do país, vemos tamén como a clase política se falta ao respecto abertamente”, resaltaba.


“Sen saír do país, vemos tamén como a clase política se falta ao respecto abertamente”

A rapazada tomiñesa compartiu experiencia cos integrantes doutros consellos locais de once municipios galegos: A Laracha, A Coruña, Burela, Cedeira, Nigrán, Moaña, Moeche, Ponteareas, Redondela, Teo e Viveiros. Durante o acto, as e os participantes entregaron ao Parlamento un cadro realizado xunto a Leandro Lamas no III Encontro Galego de Consellos Locais deParticipación Infantil e Adolescente.

Acompañada pola alcaldesa, Sandra González, e polo concelleiro de Mocidade,

Agustín González, ao final da xornada a rapazada de Voces Novas participou na

entrega de diplomas a todos os mozos e mozas que formaron parte desta nova edición do Foro de Participación Infantil e Adolescente no Parlamento galego.


O encontro estivo presidido polo Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización

Demográfica, Jacobo Rey, e polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel

Santalices, que animou á mocidade a esforzarse durante a súa etapa formativa

“porque o mundo precisa do voso talento e capacidade para edificar unha sociedade

mellor”.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page