top of page

Vilagarcía avanza na seguridade dos seus camiños escolares

  • metanoiagalicia
  • 11 dic 2023
  • 2 Min. de lectura

A iniciativa VaiSchool! promovida polo Concello en colaboración coa asociación Stop Accidentes expándese a outros dous centros de ensino despois do éxito inicial

Casa do Concello de Vilagarcía // Cedida

Metanoia


A segunda fase do proxecto dos camiños escolares seguros de Vilagarcía, o VaiSchool!, arranca hoxe en dous centros escolares do municipio: na Escardia e no Anexo A Lomba. Nestes dous colexios abriuse o período para que as familias se inscriban na acción promovida pola Concellería de Mobilidade e que desenvolve a asociación Stop Accidentes a través do convenio de colaboración subscrito co Concello.


Monitores do colectivo visitaron os dous colexios para repartir os dípticos cos percorridos dos camiños seguros de cada centro. Os membros de Stop Accidentes tamén entregaron ao alumnado unha circular para as súas familias co obxecto de informarlles da posta en marcha do proxecto, do proceso de inscrición, das actividades a realizar e de cómo se poñerá en marcha. 


A asociación, que xa impartiu o curso pasado obradoiros de sensibilización entre os escolares para informarlles das normas de circulación e medidas de seguridade viaria, continuarán nos vindeiros meses con actividades nas aulas e a realización de prácticas mediante as que ensaiar os diferentes roles que as persoas poden desempeñar na mobilidade: como peón, como pasaxeiro, como ciclista, etc… 


Un proxecto recoñecido en todo o Estado


O proxecto dos camiños escolares seguros que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía baixo a denominación de VaiSchool! vén de obter un importante recoñecemento a nivel estatal coa obtención dun dos premios anuais concedidos pola Red de Ciudades Saludables. 


Concretamente, a primeira fase da iniciativa vilagarciá obtivo o galardón no apartado de "Fomento de un Desarrollo Urbano Saludable y Sostenible" na categoría de cidades de máis de 20.000 habitantes. Trátase dun premio de prestixio ao estar convocado pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e o Ministerio de Sanidade a través da Red de Ciudades Saludables.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page