top of page

“Un dos nosos maiores obxectivos é que interioricen que para coidar ben, deben coidarse ben"

  • metanoiagalicia
  • 2 dic 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 7 dic 2023

No concello de Boqueixón, a traballadora social Ana Anta e a psicóloga municipal Yolanda Neira fai sete anos puxeron en marcha CoidarNós, un programa que pon foco na persoa coidadora.


Ana Anta, traballadora social do Concello de Boqueixón

Marta Tiago


En países do sur de Europa, o apoio e coidado ás persoas en situación de dependencia fundaméntase socialmente na familia. En maio de 2016, desde os servizos sociais do Concello de Boqueixón, déronse de conta de que existía unha necesidade que non estaba cuberta: o apoio ás persoas coidadoras. É por iso que ese mesmo ano créase CoidarNos, un grupo de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia. “Este proxecto nace por querer axudar a que as coidadoras se liberen emocionalmente” comentaba a traballadora social do concello, Ana Anta, unha das dúas persoas que conforman o equipo técnico.


Actualmente, coordinan dous grupos de apoio, un que se formou en 2016 e outro que leva en funcionamento desde o ano pasado. Ana Anta relataba que os grupos eran un claro exemplo da sociedade na que viviamos, debido a que a gran maioría de persoas que formaban parte, eran mulleres, tan só había un home. “Os coidados están totalmente femenizados. Desde pequena ensínannos que o labor de coidadoras é un rol asignado ás mulleres. O noso labor é necesaria por moitas razóns: cando ti te embarcas nun labor na que tes que dar tanto de ti, nacen moitas emocións, e non estamos educadas na xestión das mesmas. En España, o 84% das persoas que se dedican ao coidado de persoas maiores en situación de dependencia son mulleres de mediana idade. Normalmente, as persoas que asumen o cargo de coidadoras adoitan ser fillas ou esposas.


"Desde pequenas ensínannos que o labor de coidadoras é un rol asignado ás mulleres"

Na actualidade, desde as institucións gobernamentais, comezan a ser conscientes da necesidade externa que requiren, tanto coidadores como as propias persoas que se atopan nesta situación. É por iso que, desde a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, promúlgase o uso do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD), regulado polo Real Decreto 99/2012. Pola súa banda, Anta incidía en que desde as administracións débese intervir, débese sensibilizar, non só encargarse de xestionar recursos. “Ponse o acento sobre a persoa que se atopa en estado de dependencia, pero non na persoa que coida. Todos imos estar en ambas situacións” finalizaba ela.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page