Nigrán achega luz morada ao deporte
- metanoiagalicia
- 9 dic 2023
- 1 Min. de lectura
A edil de Deportes, Sara Penedo, imparte esta semana un obradoiro en Tindouf para as mulleres interesadas en iniciarse no deporte e adestramento persoalizado online para as que desexen prepararse para a maratón do Sáhara

Metanoia
O Concello de Nigrán traslada ao eido deportivo o seu compromiso co pobo saharaui. O alcalde de Nigrán, Juan González, e catro concelleiras participan esta semana na viaxe organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui aos campamentos de refuxiados en Alxeria, en Tindouf, para coñecer in-situ a realidade desta poboación desprazada aquí desde 1975.
A edil de Deportes, Sara Penedo, é a encargada de impartir un obradoiro dirixido a mulleres que desexen iniciarse na práctica deportiva. Penedo ofrecerá a posibilidade de organizar adestramentos persoalizados online de cara a calquera interesada en participar nalgunha das probas da maratón do Sáhara a finais de febreiro. Con este fin, a delegación de Nigrán tamén achegará roupa deportiva. “O deporte é saúde física e mental, por iso é importante chegar ás mulleres”, incide Penedo.
Con ela viaxan Bibiana Peixoto, edil de Servizos Sociais; Cristina Dosil, edil de Relacións Veciñais, Xuventude, Festexos Populares e Comercio; e María Mayán, edil de Maiores.




Comentarios