top of page

Pontevedra debate sobre sostibilidade no Encontro de Conservación e Restauración

  • metanoiagalicia
  • 25 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

As intervencións na sesión matinal da primeira xornada poñen o foco na importancia das pequenas accións de sentido común e no cuestionamento das prácticas habituais



De esquerda a dereita Álvaro Arizaga, Rafa Domínguez e Ángeles Tilve// Deputación de Pontevedra

Metanoia


Onte deu comezo no Museo de Pontevedra o XII Encontro de Conservación e Restauración, organizado coa colaboración da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, co tema ‘Museos sostibles? Xestión, museografía e conservación’. O encontro está concibido como un foro para intercambiar ideas e experiencias entre institucións, profesionais e expertos de España, Portugal, Países Baixos e Noruega, co obxectivo de reducir o impacto ambiental nas prácticas museísticas.


Na presentación do encontro, o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, destacou os retos que ten por diante o Museo de Pontevedra, como ampliarse ao convento de Santa Clara e reabrir os edificios centrais. “O fin destas accións non é só aumentar o espazo expositivo do museo, senón reforzar o seu papel como centro cultural e de coñecemento, e que, con encontros como este que hoxe nos reúne aquí, continúe unha traxectoria impecable que continúe nos próximos”. Domínguez convidou ás arredor de 200 persoas presentes, a participar deses obxectivos e “ser faro de coñecemento e de cultura na nosa cidade”.


Pola súa banda o vicedirector da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, Álvaro Arizaga, cualificou de “extraordinario que sexamos capaces de reunir institucións moi importantes a nivel español e europeo para abordar a sostibilidade na conservación e restauración. Merece a pena intentar que non sexa unha moda, que patrimonio cultural, sostibilidade ambiental e sostibilidade económica funcionen como un conxunto; creo que este encontro vai servir para iso”.





A directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, apuntou que “desde o Museo de Pontevedra temos implementando un sistema de xestión de calidade que nos levou a obter o certificado S de Sostibilidade do Instituto para la Calidad Turística Española”. “Detrás deste certificado –explicou- está a introdución da sostibilidade como criterio fundamental á hora de tomar decisións en aspectos tan diversos como a atención aos públicos, a comunicación, a organización das exposicións e a colección permanente ou a conservación e restauración dos bens que custodiamos”.


Prácticas museográficas e metodoloxías verdes


A sesión vespertina deste xoves abordará as prácticas museográficas sostibles, coa presenza de representantes de tres empresas do sector especializadas en ámbitos cun importante impacto ambiental, que exporán alternativas que reducen esa pegada: o deseño de exposicións temporais, coas posibilidades que ofrece o ecodeseño; a iluminación, coa optimización que ofrecen a mellora tecnolóxica, o deseño responsable e a práctica especializada; e o transporte de obras de arte.



Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page