top of page

Pedro Blanco reivindica a aposta do Goberno pola formación profesional

  • metanoiagalicia
  • 15 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 16 nov 2023

O delegado do Goberno en Galicia pon en valor o investimento de 316 millóns de euros que desbloqueou o Executivo para impulsar a modernización da Formación Profesional


Pedro Blanco durante a súa visita ao centro IES Rosalía Mera


Metanoia


Pedro Blanco repasou este mércores as achegas do ministerio de Educación e Formación Profesional á Xunta entre 2021 e 2023 para transformar a formación para o emprego, un dos eixos estratéxicos do Goberno, a través de fondos propios e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A inxección de financiamento estatal ascende ata os 316 millóns de euros, unha cifra que se distribuíu ao longo de tres exercicios económicos.


Blanco trasladou o seu balance durante unha visita ao IES Rosalía Mera, onde se imparten diversos ciclos de grao básico, medio e superior de Formación Profesional e na que tamén puxo en valor a nova Lei de Formación Profesional. Nesta visita, na que puido coñecer a oferta educativa do centro e conversar co alumnado, estivo acompañado polo presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González.


Alí detallou que, dos 316 millóns de euros transferidos á Xunta nos últimos tres anos, 229 millóns destínanse a financiar accións de formación profesional de persoas empregadas e desempregadas en toda a Comunidade, mentes que 86 millóns están destinados ao sistema educativo. Con esta cantidade, o Goberno financia a creación de 23.217 novas prazas de Formación Profesional en Galicia, das que máis de 7.000 son bilingües.


Incremento das prazas dispoñibles


O delegado subliñou que “85.000 galegos e galegas poderán acceder a un certificado de profesionalidade que dea valor académico a esa capacitación que adquiriron nos seus anos de experiencia laboral”.Por outra parte, solicitou á Xunta que, “máis alá de posicións partidistas incomprensibles que impediron que esta lei fose aprobada por unanimidade, estea á altura e sexa capaz de facer bo uso destes fondos”.


Nesta liña, lembrou que no último ano completo de lexislatura do PP, o ano 2017, o Ministerio de Educación investiu na educación pública de Galicia tan só 10 millóns de euros (excluíndo as bolsas ao estudo e gastos relacionados con estas bolsas).


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page