top of page

Paixón pola lectura nas bibliotecas e rúas de Carballo

  • metanoiagalicia
  • 21 nov 2023
  • 1 Min. de lectura

A Concellería de Biblioteca de Carballo volve apostar polo troco de libros promovendo a instalación dun punto de intercambio no mercado municipal

Punto de troco de libros no mercado municipal


Metanoia


A Concellería de Bibliotecas de Carballo continúa fomentando a lectura entre a cidadanía. A corporación municipal anunciou recentemente a posta en marcha do Mapa Literario de Carballo, con dúas rutas que están rexistrando unha alta demanda. Agora a reapertura da zona de intercambio de libros do mercado municipal promete converterse nun revulsivo para incentivar a lectura entre carballeses e carballesas.


Coincidindo co peche da Biblioteca Municipal Rego da Balsa por obras, os libros están na rúa e tamén chegarán nos vindeiros días aos centros educativos, aos que, como xa é costume, recibirán unha selección dos últimos títulos editados por autores locais. Ademais, o Concello promove unha serie de actividades de dinamización na Biblioteca Municipal da rúa San Xoán Bautista.



Un dos principais eventos que se esperan nos vindeiros días consistirá nun obradoiro de book folding, unha técnica artística de dobrado de libros que permite darlles unha nova vida converténdoos en obxectos decorativos ou, agora que se achega o Nadal, nun bo e orixinal agasallo para familiares e amigos. Elena Caamaño será a monitora do taller que se celebrará o vindeiro sábado 25, a partir das 10.30 horas.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page