top of page

O recoñecemento do entroido de Ourense como festa de interese deberá agardar

  • metanoiagalicia
  • 30 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 1 dic 2023

O alcalde, Jácome, denuncia o “enésimo agravio da Xunta cara esta cidade”, ao denegarlle o recoñecemento de “mellor Entroido de Galicia”


Peliqueiros percorrendo as rúas de Ourense // EFE

Metanoia


A Xunta de Galicia arquivou a solicitude presentada polo Concello para declarar o Entroido de Ourense festa de interese turístico de Galicia. O goberno autonómico comunicoulle ao Concello a resolución da Axencia de Turismo de Galicia que desbota a petición realizada por Ourense e denega recoñecerlle ao seu Entroido a condición de festa de interese turístico, alegando falta de “singularidade”.


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, denunciou esta mañá o “enésimo agravio da Xunta de Galicia con esta cidade, que é a eterna Cenicienta de Galicia”. O rexedor cualificou de “atropelo” a resolución da Xunta ao denégarlle o recoñecemento como festa de interese turístico ao “mellor Entroido de Galicia, e o que máis xente aglutina no Norte de España”.


O Concello presentou a súa solicitude o día 10 de marzo de 2023, tendo en consideración a importancia como atractivo turístico do Entroido da cidade, o seu valor cultural e a súa tradición popular. Buscaba con esta declaración obter a declaración de festa de interese turístico para avanzar na promoción e na planificación de investimentos desta celebración.

Posteriormente, o Concello atendeu os sucesivos requirimentos de documentación complementaria realizados pola Xunta de Galicia. A pesar disto, a solicitude do Concello foi informada desfavorablemente pola Consellería de Cultura e deu lugar a unha proposta de arquivo por parte da Xunta “por non quedar suficientemente acreditado o cumprimento do requisito de singularidade”.


O día 13 de novembro, o Concello presentou alegacións a esta proposta. Porén, a resolución de Turismo de Galicia di que as alegacións efectuadas polo Concello “non poden prevalecer sobre o informe técnico”, polo que resolve arquivar o expediente de solicitude. O goberno municipal confirmou esta mañá que o Concello interporá un recurso contra esta resolución.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page