O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana catro novas accións formativas
- metanoiagalicia
- 11 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 16 nov 2023
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade, posicionamento SEO, comercialización en liña, chat GPT e Stable
Diffusion

Metanoia
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana catro novas accións formativas telemáticas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Trátanse de obradoiros de ciberseguridade, posicionamento SEO, comercialización en liña, chat GPT e Stable Diffusion.
As accións formativas iniciáronse este luns,6 de novembro, ás 10:30 horas, con “Ciberseguridade, copias de seguridade”, un obradoiro para dar a coñecer a importancia de ter os datos apoiados nunha copia de seguridade fronte a calquera tip de incidencia, unha formación impartida polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.
SEO para redes sociais
Hoxe, de 17.00 a 18.00 é a quenda do taller “SEO para redes sociais”, onde Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e con experiencia en comunicación e márketing dixital, explicará a importancia das redes sociais para o posicionamento nos resultados de busca de Google.
Comercialización en liña de experiencias gastronómicas
O mércores 8, entre as 11:00 e as 12:00 horas, impartirase o obradoiro “Comercialización en liña de experiencias gastronómicas”. O obxectivo deste taller é dar a coñecer e dominar as múltiples canles que ofrece internet para comercializar experiencias gastronómicas para permanecer na mente dos consumidores fronte á competencia. Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas, será a encargada de impartir este obradoiro.
A intelixencia artificial e ChatGPT
Finalmente o xoves 9, ás 12:00, terá lugar o curso “Chat GPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento VI”, onde continúa o itinerario dedicado aos modelos de Intelixencia Artificial, que neste sexto taller abordará as novas IA que veñen.




Comentarios