top of page

Como funcionan os novos contedores de reciclaxe da provincia de Pontevedra?

  • metanoiagalicia
  • 3 dic 2023
  • 1 Min. de lectura

Cun orzamento de 200.000 euros, a deputación impulsa a instalación de illas ecolóxicas e dispositivos de reciclaxe para residuos especiais en até 11 concellos


Illa de reciclaxe. // Molok

Metanoia


O proxecto “Da túa man”, o programa de apoio á hostalería local do rural que se desenvolve en 11 concellos da provincia de Pontevedra ( A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Monte, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa), é o marco a través do que se están a desenvolver dúas novas iniciativas ecoloxistas.


Así, cun orzamento de preto de 200.000 euros, vaise proceder a contratar o subministro de illas ecolóxicas de contedores e de dispositivos de reciclaxe para residuos especiais. Desta forma, instalaranse contedores específicos para papel/cartón, envases lixeiros, vidro, biorresiduos e restos.


Ademais, proporcionaranse tamén dispositivos para a reciclaxe de residuos específicos e altamente contaminantes, un sistema que consistirá nun colector de pequeno formato con espazos independentes para pilas, lámpadas ou baterías de residuos electrónicos.


O presidente da Deputación, Luis López, asegura que isto permitirá “modernizar o pequeno comercio local adaptándoo aos novos hábitos de consumo” a través da implementación e uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular e a mellora no acondicionamento dos espazos.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page