top of page

Dun só uso: Onde rematan as botellas dos bares?

  • metanoiagalicia
  • 18 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 19 nov 2023

Con enquisas aos establecementos e a distribución de cubos para transportar o vidro aos contedores, o concello de Nigrán aposta polo ecoloxismo



O vidro reciclado pódese reutilizar na súa totalidade. // Ecovidrio

Metanoia


A hostalería xera, aproximadamente, o 50% dos envases de vidro dun só uso, polo que a súa colaboración é clave para incrementar as cifras de recollida selectiva de envases de vidro e a consecución de obxectivos de reciclaxe. Por iso, avanzar na implantación de hábitos sostibles no sector supón unha mellora significativa na loita contra o cambio climático.


Con isto en mente, o concello de Nigrán porá en marcha desde semana próxima unha campaña para impulsar a reciclaxe de envases de vidro nos establecementos hostaleiros da localidade. Con este obxectivo, un equipo de educadores ambientais realizará enquisas e entrevistas aos locais para coñecer de primeira man cales son as súas necesidades e poder adecuar os recursos existentes.


Ademais, ofrecerán información precisa sobre como reciclar correctamente e as vantaxes sociais, económicas e ambientais que ten a reciclaxe de envases de vidro. Co fin de chegar ao 100% de reciclaxe de vidro na canle Horeca (Hostalería, Restauración e Cátering), entregarase, sen custo para o sector hostaleiro, cubos adaptados para facilitar o transporte dos residuos de vidro.


Beneficios ambientais da reciclaxe de envases de vidro


O vidro que se deposita nos contedores recíclase ao 100% e utilízase para a fabricación de novos envases, de forma indefinida e sen perder as propiedades orixinais. A reciclaxe de envases de vidro é un elemento fundamental para contribuír ao desenvolvemento sostible, fomentar a transición cara á economía circular e loitar contra o cambio climático.


Ademais, a reciclaxe de envases de vidro é unha actividade que apoia o cumprimento da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, concretamente, redunda sobre os obxectivos (11) Cidades e comunidades sostibles, (12) Produción e consumo responsables e (13) Acción polo clima.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page