O Concello de Lugo de Lugo fomenta a igualdade e a inclusión a través de axudas municipais
- metanoiagalicia
- 16 nov 2023
- 1 Min. de lectura
A Xunta de Goberno Local aproba as bases das achegas dirixidas a entidades que traballan en ámbitos como a erradicación das violencias machistas, a integración da muller ou a diversidade afectivo sexual.

Metanoia
O Executivo de Lara Méndez, dende a concellería de Cohesión Social que dirixe Ana González Abelleira, destinará 32.100 euros a subvencións municipais co fin de impulsar a igualdade e a inclusión de toda a poboación. Así, na Xunta de Goberno Local desta semana, se validaron as bases para outorgar achegas económicas ás entidades que promoven proxectos en prol da igualdade de xénero, a erradicación das violencias machistas, a integración da muller e a diversidade afectivo – sexual.
“A vontade é traballar, dende todos os eidos posibles, pola igualdade de xénero, tamén dende as actividades de ocio e culturais, e avanzar cara un municipio libre de violencias machistas en sentido amplo, favorecendo a participación da muller rural en todos os ámbitos incluído o da sensibilización contra a violencia de xénero”, sinalou Ana González.
Igualmente a responsable de Cohesión Social fixo fincapé na promoción da inclusión da diversidade afectivo – sexual, tanto dende a sensibilización como dende a súa visualización, “un cometido para o que estas axudas teñen vocación de contribuír a promover os dereitos humanos como modelo de convivencia social pero tamén de impulsar a concienciación, a formación e a naturalización das persoas LGTBIQ+ e orientalas, a ellas e ás súas familias, sobre cuestións legais, educativas, sanitarias, deportivas ou sociais”, referiu.




Comentarios