O Concello de Ames incorpora un curso de formación en igualdade dentro da programación do 25N
- metanoiagalicia
- 11 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 16 nov 2023
A Concellería de Xuventude organiza ‘Lentes Violetas’, unha nova actividade de balde para a mocidade amesá e para perfís profesionais educativos

Metanoia
A Concellería de Xuventude do Concello de Ames organiza por quinto ano consecutivo, coa axuda da Deputación da Coruña, o programa formativo Lentes Violetas. Trátase dunha actividade formativa en igualdade para perfís educativos, enmarcada na programación municipal motivada polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 N. A iniciativa é terá lugar o 22 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas. É de balde baixo inscripción previa.
Nesta 5ª edición, abordarase os conceptos básicos en relación á igualdade e a eliminación de estereotipos de xénero ligados aos modelos tradicionais. Posteriormente, afondarase na metodoloxía e estratexias de traballo en igualdade procurando estratexias e prácticas concretas para traballar con perspectiva de xénero en contextos educativos e informais.




Comentarios