O BNG de Vigo demanda que a Xunta e o Concello atendan as situacións de infravivenda
- metanoiagalicia
- 11 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 16 nov 2023
A fronte nacionalista alerta que o goberno municipal non garante o aloxamento das familias afectadas polo incendio da rúa Afonso X

Metanoia
O Bloque Nacionalista Galego presenta publicamente a moción na que demandan aos gobernos galego e municipal que actúen e atendan debidamente as situacións de vulnerabilidade social e de infravivenda existentes en Vigo.
O portavoz municipal Xabier P. Igrexas reitera que o acontecido no incendio do pasado 11 de outubro da rúa Afonxo X como o posterior desaloxo dos dous imóbeis da rúa Finisterra “mostraron a grave problemática social e as deficiencias e insuficiencias por parte das diferentes administracións públicas”.
Desde a fronte nacionalista responsabilizaron “á falla deliberada de políticas de promoción de vivenda pública”, tanto por parte da Xunta como tamén do goberno municipal. Ademais, Igrexas incide en que en ambos casos existían condicións de falla de seguridade e habitabilidade que “amosan con toda a crueza” o fenómeno das infravivendas existentes en Vigo.
En relación aos dispositivos sociais despregados por parte das administracións locais e galega para atender as persoas desaloxadas, desde o Bloque denuncian a “improvisación, a precariedade e grandes incertezas”. Neste sentido, Igrexas alertou de que as familias realoxadas, provisionalmente en hostais, están en risco de ficar na rúa nos próximos días.




Comentarios