Monstros e trasnos dánse cita na nova colección de Galaxia
- metanoiagalicia
- 17 nov 2023
- 1 Min. de lectura
A editorial busca poñer en valor a tradición oral galega e a mitoloxía do país a través do formato da banda deseñada

Sentinelas da Lúa Carmesí // Xosé Antón Ozo Perozo Porteiro
Metanoia
A editorial Galaxia vai desvelando a conta pingas as novidades literarias que acompañaran os lectores máis ávidos durante os próximos meses. Entre as principais apostas destaca a inauguración da colección Banda Deseñada, un proxecto que nace co obxectivo de fornecer os andeis da rapazada e da mocidade con historias inscritas no formato banda deseñada. Pode adquirirse nas librerías desde este venres.
Os libros Sentinelas da Lúa Carmesí, co guión de Ozo Perozo e Andrés Castro, ilustrado por Alexandre Senande; e A brigada iridiscente, de Elena Andrés, son os títulos encargados de inaugurar a nova aposta editorial. Dirixida a público xuvenil, Sentinelas da Lúa Carmesí defínese como unha historia de fantasía, marcada polo misterio, a mitoloxía galega e os monstros. Dous mundos paralelos: o real e o fantástico.
A brigada iridescente, de Elena Andrés, é unha banda deseñada enfocada a público infantil. Estas páxinas están ateigadas de humor e compañeirismo. Unha pandilla diversa de cinco amigos vivirá unha aventura, durante as festas de verán da súa vila, nos inchables da feira. Alí terán que idear a maneira de saír do labirinto que se forma dentro da atracción.




Comentarios