Libros na procura da edición sostible
- metanoiagalicia
- 16 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Edicións Laiovento consolídase no seu afán de deixar a menor pegada de carbono posible

Metanoia
A patente FSC, coa que traballa Edicións Laiovento, é un sistema de certificación forestal que permite identificar os bosques xestionados de forma sostible, conseguindo con isto a maior sustentabilidade e favorecendo a cadea de custodia da madeira. Con isto, a editorial procura o seguimento desde o bosque até os seus produtos nunha aposta pola sustentabilidade e a xestión adecuada dos recursos naturais.
Unha aposta abalada por expertos como Ana Etxenique, vicepresidenta da Federación de Consumidores e Usuarios CECU, que tamén subliña a importancia da educación en valores relacionados coa sustentabilidade.
Demóstrase con isto que é posible harmonizar os factores ambientais coa industria económica, nun investimento que evidencia a posibilidade de conxugar a industria do papel coa correcta xestión dos bosques e os recursos naturais.




Comentarios