top of page

Galiza volve a sobreporse ao mal tempo por Palestina

  • metanoiagalicia
  • 14 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 16 nov 2023

Decenas de persoas volven a tomar as rúas en defensa da liberdade do pobo palestino, condenando a actuación do estado de Israel


Manifestantes en A Coruña // @gzcontrainfo
Manifestantes en A Coruña // @gzcontrainfo

Marta Tiago


Por terceira semana consecutiva, en cidades como A Coruña, Santiago de Compostela ou Ferrol, decenas de personas fixéronlle fronte ao mal tempo e volveron a tomar as rúas clamando contra o xenocidio que está a acontecer en Palestina, facendo énfase nos ataques propiciados polo goberno israelí.

Nas numerosas cidades nas que tivo lugar a manifestación non faltou o xa convertido en emblema “Do río ao mar, Palestina vencerá”. A cidade máis destacada na última xornada de manifestacións foi A Coruña. Nesta ocasión, a premisa que impulsou ao movemento BDS (acompañado por Mar de Lumes, Galiza por Palestina, Asociación Galaico Árabe Jenin) foi iniciar unha campaña de boicot centrada en Carrefour pola súa complicidade con este xenocidio, segundo anunciaba a conta de Twitter Galicia Contrainfo. Durante a concentración que deu comenzo ás 20:00 horas no Obelisco, puideron verse pancartas con frases como “Galicia con Palestina. Solidariedad!”.


A unión fai a forza

Xa son moitos colectivos os que alzan a voz en apoio ao pobo palestino. O Bloque Nacionalista Galego remarcou en reiteradas ocasións o seu compromiso co pobo palestino: “Este é o momento de que a comunidade internacional deixe a súa complicidade, deixe de apoiar ao Goberno de Israel, que actúa como un Estado terrorista, e se poñan todos a frear unha atrocidade como a que estamos a vivir”, condenou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Nas concentracións deste luns, concretamente en A Coruña, encontrábanse algúns membros de Podemos Galicia que, desde as súas redes sociais, mostraron previamente a súa solidariedade co pobo palestino. “Non imos a calar ante un xenocidio tan atroz”, escriben.




As manifestacións mesmo saltaron ao campo, o que se puido ver o pasado 30 de outubro en Riazor, cando numerosos asistentes izaron a bandeira palestina.


Manifestantes no estadio en Riazor // @forzadepor1906
Afición alzando a bandeira palestina no estadio en Riazor // @forzadepor1906


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page