top of page

Galicia bébese as rúas

  • metanoiagalicia
  • 26 nov 2023
  • 1 Min. de lectura

Miles de personas copan as cidades galegas nas manifestacións polo 25N




Marta Tiago


Galiza di ‘non’ un ano máis á violencia de xénero. O Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller queda simbolizado con numerosas manifestacións, concentracións e declaracións institucionais como mostra de apoio social e colectivo ás mulleres impulsado por a Marcha Mundial das Mulleres


Axenda completa en toda Galiza


Numerosos concellos galegos xa dedicaron toda a axenda do mes de novembro a actos culturais, educativos e reinvidicativos, que desembocarían nun multitudinario ramo final durante o sábado 25. As cidades e os municipios galegos fixérolle memoria ás que xa non están, enchéndose de persoas, pancartas e cánticos nos que se pedía igualdade, pero sobre todo, acción


“Estamos fartas de que nos maten”

Unha das comarcas máis destacadas desta xornada foi a de Ferroterra, alí, ademais da concentración do sábado, tamén se leva a cabo unha carreira e unha andaina de máis de 800 persoas este domingo a partir das 11:00 horas no Cantón.


En cidades como Santiago, reuníronse na praza do 8 de marzo, onde se leu un manifesto: “Estamos fartas de que nos maten”. Noutras, como a olívica, o acendido das luces na cidade este venres 24 non eclipsou o tinguido morado do día seguinte. Alí centos de persoas cruzaron Vía Norte e Urzáiz baixo o lema: “Vivas nos queremos!”. Na Coruña, miles de mulleres alzaron a súa voz para reclamar a abolición da prostitución como ferramenta de exterminio da mercatilización das mulleres. Entre as alí presentes, encontrábase o secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, Valentín González Formoso, quen encabezada o percorrido.



Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page