top of page

Erguer en pé contra a USC polo encarecemento das cafetarías

  • metanoiagalicia
  • 21 nov 2023
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 23 nov 2023

A organización estudantil reclama, entre outras medidas, a substitución das concesións por un modelo de xestión pública que permita reducir os prezos



Cafetaría de Fonseca // Cedida

Rafael Ruíz-Matas


Crece a tensión dentro da comunidade universitaria como consecuencia da suba de prezos nas cafetarías da USC. A medida suscitou o rexeitamento da organización estudantil Erguer, que manifestou a súa oposión ante o que consideran un “novo agravante” da situación de precariedade que vive o alumnado.


A organización chama o alumnado a participar nunha concentración ás 12:00 horas na casa da Balconada, en Rúa Nova. Así mesmo, Erguer tamén convocou un paro de 11:00 a 14:00 horas no conxunto da Universidade. Estas iniciativas responden a unha estratexia de mobilización do alumnado que trata de redobrar a presión sobre a USC.


En declaracións a este medio, Lucas Pardo, membro de Erguer, denuncia a falta de resposta da USC ante as dificultades que viven as estudantes por motivo do encarecemento xeral da vida que se vive nos últimos tempos. “Desde Erguer, consideramos que esta situación se enmarca nun proceso que leva a educación cara o encarecemento progresivo” critica Pardo.


Resposta ante a crise


Para combater o empobrecemento que padecen a comunidade universitaria como consecuencia da inflación subxacente (a que afecta exclsuviamente aos alimentos, combustibles e enerxías) Erguer propón unha serie de medidas de diversa índole. Entre as principais propostas figuran reducir os prezos, mellorar o sistema de bolsas e a transición cara un sistema de xestión pública nas cafetarías da universidade.



Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page