top of page

En 2023 o CIM de Vilagarcía de Arousa atendeu a 132 mulleres vítimas de violencia de xénero

  • metanoiagalicia
  • 1 dic 2023
  • 1 Min. de lectura

O servizo de información, tramitación de recursos e orientación ao emprego foi o máis demandado (51,3%) seguido do de atención psicolóxica (30,5%) e do de asesoramento xurídico (18,1%)



Praza de Galiza de Vilagarcía de Arousa // Cedida

Metanoia


Con motivo do 25N-Día Mundial Contra a Violencia Machista, o Centro de Información á Muller do Concello de Vilagarcía fixo público o avance da memoria anual do servizo. Entre xaneiro e novembro de 2023, o número de usuarias vítimas de violencia machista ascende a 132, destacando que o 7,5% destas vítimas son mulleres de menos de 24 anos. A día de hoxe, en Vilagarcia hai 67 ordes de protección activas.


As intervencións realizadas polo CIM distribúense entre os seus tres servizos. O de asesoramento xurídico copou o 18,16% das atencións realizadas, o de atención psicolóxica o 30,52% e o servizo de información e tramitación de recursos, formación, orientación e emprego, o 51,32%.


Un servizo necesario


Respecto do servizo de apoio psicolóxico, no 2023 realizáronse 420 atencións. A terapia individual é a tipoloxía de intervención que se realiza no 94,4% dos casos. O resto das intervencións psicolóxicas, tanto en parella como con fillos e fillas, supón unicamente o 4,5% restante. Compre salientar que a concelleira de Igualdade, Tania García, anunciou hai uns días que o CIM reforzará en 2024 a atención psicolóxica mediante a ampliación das horas de atención.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page