top of page

Consenso para impulsar o galego na Unión Europea

  • metanoiagalicia
  • 14 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 19 nov 2023

Un grupo de 30 axentes vencellados a diferentes ámbitos da vida pública instan aos ‘Vinte e sete’ a recoñecer o galego como lingua oficial da Unión Europea


Parlamento Europeo en Estrasburgo, Francia.

Rafa Ruíz-Matas


O mércores chega ao seo da Unión Europea o debate sobre a incorporacíon do galego á listaxe de linguas oficiais das institucións comunitarias. O Consello de Asuntos Xerais ten que decidir se acepta ou non a petición remitida por máis de 30 representantes de entidades públicas e sociais de Galicia que solicitan o voto afirmativo dos Estados membros ao recoñecemento da oficialidade do galego.



A iniciativa partiu da Mesa pola Normalización Lingüística, que promoveu a sinatura dunha carta aberta entre unha ampla variedade de perfís, entre os que figuran os reitores das tres universidades galegas. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, explica que “é importante que o idioma galego sexa oficial na Unión Europea para que teña consecuencias internas no país e se avance cara a unha oficialidade real”.



As ausencias máis destacadas no escrito remitido aos Vinte e sete son os representes institucionais do Partido Popular. Os promotores da carta solicitaron o apoio dos presidentes das Deputacións de Pontevedra e Ourense, Luis López e Luís Menor, do rexedor de Ferrol, José Manuel Rei e do voceiro parlamentario, Alberto Pazos, pero estes non atenderon a petición.


Maior presenza no ámbito institucional


A chegada do galego á Unión Europea responde á presión crecente que desde hai anos existe entre a sociedade galega para garantir o cumprimento dos dereitos lingüísticos da cidadanía. Desde o comezo da XV lexislatura no Congreso dos Deputados, a presidenta da Cámara Baixa, Francina Armengol, manifestou o súa vontade de contribuír ao desbloqueo do galego e das demais linguas cooficiais para que a institución reflectise a realidade plurilingüe do Estado. O 19 de agosto iniciouse a reforma do regulamento para permitir o emprego das linguas diferentes ao castelán.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page