top of page

Axudas para a alfabetización mediática no entorno rural

  • metanoiagalicia
  • 8 dic 2023
  • 1 Min. de lectura

O Ministerio de Educación impulsa unha partida orzamentaria para o fomento de espazos físicos nos que impartir aulas de capacitación dixital



Pilar Alegría, Ministra de Educación. // EP

Metanoia


O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (MEFPD) concedeu 3.549.780 euros para a creación de 146 novos centros de capacitación dixital en entidades locais. Con estas axudas, procedentes do compoñente 19 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital ampliarase ata as 1.193 unidades.


Prevese que esta iniciativa poida beneficiar a máis de 55.500 persoas maiores de 55 anos e con baixo nivel de formación. A iniciativa pretende formar á cidadanía en competencias dixitais transversais, ofrecendo oportunidades de formación con independencia do lugar de residencia. Todo iso para que poida levar a cabo comunicacións e transaccións seguras en liña, utilizando os seus propios dispositivos electrónicos, e para favorecer a alfabetización dixital como instrumento de novas oportunidades de formación e aprendizaxe.


Estas axudas irán destinadas aos Concellos para que poñan ao dispor dos alumnos un espazo físico no que se impartan as sesións e garantan a mellora da cualificación e recualificación permanente, ademais de mentores e formadores. Esta liña de axudas destinada directamente ás entidades locais súmase aos 58,7 millóns de euros xa distribuídos polo Ministerio ás comunidades autónomas para a posta en marcha das primeiras 1.047 aulas.

 
 
 

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page