top of page

Ana Pontón contra o ‘purple washing’: “non chega só con lazos lila e declaracións”

  • metanoiagalicia
  • 25 nov 2023
  • 1 Min. de lectura

A portavoz nacional do BNG reclama destinar máis recursos á loita contra a violencia machista no día internacional da eliminación da violencia cara a muller

Ana Pontón xunto á Goretti Sanmartín na manifestación que decorreu hoxe por Compostela // Metanoia

Metanoia


No Día Internacional contra as Violencias Machistas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, subliñou o dereito das mulleres a vivir “sen violencia, a ser libres e iguais” e reclamou máis recursos para axudar ás mulleres que sofren esta situación porque, dixo, “é necesario algo máis que declaracións e lazos lilas”.


"Quen nega a violencia de xénero está alentando o silencio, está alentando que as mulleres teñan que estar desprotexidas"

Pontón, que asistiu á manifestación convocada en Santiago, reclamou tamén máis medios para loitar contra a desigualdade o patriarcado “que segue a reproducirse na sociedade”, e fixo un chamamento a facerlle fronte ao discurso negacionista da violencia de xénero, porque “é un absoluto perigo para a propia vida das mulleres”.“Quen nega a violencia de xénero está alentando o silencio, está alentando que as mulleres teñan que estar desprotexidas”, advertiu.


Xusto antes de que botase a andar a manifestación, subliñou ademais o compromiso do BNG para seguir impulsando as políticas feministas e loitar contra o machismo na defensa das mulleres e o seu dereito a vivir libres e iguais.


A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, volveu reclamar neste 25-N, “coma todos os días do ano, que remate a violencia de xénero, que se poña fin ao seu punto máis extremo, que son os feminicidios, e que se acabe tamén esa discriminación continuada en tódolos ámbitos”. “Basta xa de involución, precisamos garantir os dereitos das mulleres no día a día tódolos días do ano”, asegurou.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page