Ana Mirada pide na Eurocámara pór as gafas violetas
- metanoiagalicia
- 23 nov 2023
- 1 Min. de lectura
A eurodeputada do Bloque denuncia a banalización e negación da violencia de xénero pola extrema dereita

Metanoia
No debate sobre o Día Internacional contra as violencias machistas na Eurocámara, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou que o asasinato de mulleres “é só a punta do iceberg do machismo que impregna toda a sociedade, xa que detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista”.
A eurodiputada nacionalista mostrouse critica ante a alianza de PP e Vox para eliminar orzamentos destinados ás mulleres vítimas de violencia de xénero alí onde gobernan. “atopamos a negación ou a banalización por parte de determinados partidos políticos extrema dereita”, sinalou.
Nesta liña, para a eurodeputada do BNG “non é de recibo” a posición do Consello nas negociacións da futura directiva europea de violencia contra as mulleres, que se opón a que a violación sexa considerada delito. “Consideramos que se trata dun aspecto fundamental”, sinala Miranda, quen no pleno do Parlamento Europeo defendeu que “temos que seguir poñendo as gafas violeta para detectar todas as condutas machistas e loitar contra elas”, xa que “só así conseguiremos unha sociedade máis igualitaria para todas”.




Comentarios