top of page

A 'Facom' continúa mudando o conto

  • metanoiagalicia
  • 21 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 27 nov 2023

A asociación AGARESO renova un ano máis a súa labor formativa entre as futuras comunicadoras sobre a importancia dos seus discursos


Alumnado de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela nunha das formacións teóricas // Cedida

Marta Tiago


A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) volve un ano máis á Facultade de Ciencias da Comunicación (‘Facom’) no marco da súa iniciativa #Mudaoconto para impartir una clase maxistral ao alumnado de 4º de xornalismo sobre o discurso de odio por razón de xénero co obxectivo de sensibilizar as futuras xeracións de xornalistas e comunicadoras da importancia dos seus discursos. "Consideramos que formalos neste tipo de estratexias é necesario para que poidan acadar esos cambios no ámbito informativo", destaca a coordinadora do proxecto Uxía Pérez.






Aprendendo a combatir o discurso de odio, o nome que reciben estas formacións incluídas na iniciativa, teñen lugar nas tres universidades galegas co propósito de achegar estes consellos de primeira man. Para as futuras xornalistas e comunicadoras, esta formación veu respaldada pola asignatura de Áreas de Especialización Xornalística, coordinada polas docentes Sara Pérez Seijo e Ana Bellón Rodríguez. Esta última analiza que se trata dunha actividade que “vai enriquecer moito ao alumando tanto a nivel xornalístico como personal”.


“A veces non somos conscientes que coa linguaxe que empregamos estamos tratando mal un tema e incluso caendo nos esteriotipos que o patriarcado marcou”

Tal e como explica a profesora, tras varias reunións con Uxía Pérez, consideraron que a mellor opción era integrar a actividade dentro dos seminarios, impartidos por ela. Estas xornadas mesturan a ensinanza teórica coa práctica, co fin que o alumnado poida integrar e aplicar os contidos aprendidos en pezas xornalísticas. “A veces non somos conscientes que coa linguaxe que empregamos estamos tratando mal un tema e incluso caendo nos esteriotipos que o patriarcado marcou”, destaca a alumna de xornalismo, Laura Rodríguez.


No seu caso, xunto a súa compañeira Ainara Rodríguez, na súa posta en práctica decidiron darlle visibilidade á muller no deporte, concretamente no fútbol. O seu obxectivo materializouse nun pódcast de aproximadamente 50 minutos con dúas xogadoras do Puenteceso SD, Virginia e Candela. “​​Unha conversa moi interesante onde se tocaron puntos como a importancia dos referentes, as discriminacións por mais pequenas que foran e incluso a veces imperceptibles por parte daqueles que as producen”, comenta Rodríguez.


Tres edicións sensibilizando e formando


Muda o conto xorde do proxecto Mocidade contra o discurso do odio (financiado pola Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia), unha iniciativa que nace a mediados de 2021. A primeira edición enfocouse en combatir contra os discursos de odio racistas e a segunda elixiu combatir a LGTBIfobia.



Imaxe promocional da edición de 2022

Algo que teñen en común as tres edicións que levan ás costas é o protagonismo do voluntariado. Tratáse dun equipo reducido que participa de forma activa na realización dunha campaña desde as redes. "Aportar algo dende a túa perspectiva persoal e as túas fortalezas, e ter un espazo onde facelo, é moi importante. Por eso me fixen voluntaria, porque entendín que o proxecto era algo no que realmente eu tiña algo que aportar, e que en certa maneira debía facelo", explica unha das voluntarias que participa no proxecto Antía Rodeiro.





Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page