top of page

'O que pode a danza', novo produto audiovisual do Consello da Cultura Galega

  • metanoiagalicia
  • 4 dic 2023
  • 2 Min. de lectura
Trátase de oito pezas audiovisuais que nos achegan outras tantas experiencias singulares que amosan as conexións do mundo da danza coa sustentabilidade, co territorio ou coa empresa
Fotograma da serie. Cedida

Metanoia


Non son só proxectos escénicos, senón que son experiencias cunha certa singularidade que indagan no que a danza e as persoas que conforman o seu ecosistema están a producir no contexto cultural e social galego actual. A diversidade, a sustentabilidade e a proximidade son algúns dos ámbitos cos que se conecta a danza a través de experiencias singulares escolmadas por Natalia Balseiro.


O proxecto contou coa dirección artística e técnica de Miramemira e recolle iniciativas de diferente magnitude que se están a realizar en Galicia neste momento. “Buscamos recoller experiencias de persoas vinculadas á danza, desde a xestión ou desde o ámbito creativo, que permitan ver como están a traballar co territorio, co traballo demográfico e en contextos rurais”, explica Natalia Balseiro, que incide en que a serie non esgota os modelos, senón que hai moitos máis.


“Son procesos que están tamén en proceso, que amosan, desde traballos de investigación, iniciativas no rural que conforman un intercambio moi potentes”, explica Balseiro. A través de oito capítulos percíbese que a danza é unha das artes que máis se adianta aos tempos, tanto nas propias producións artísticas como na súa linguaxe, e tamén na hibridación con outras prácticas e sectores, o seu poder de transformación social.



Os proxectos


A serie audiovisual está estruturada en oito capítulos que escolman outras tantas experiencias de todas as que se están a producir en Galicia.


A Casa Vella é un espazo de creación artística, encontro, mediación e dinamización do contexto rural que está en Amiadoso, preto de Allariz, e que serviu esta fin de semana de espazo para a primeira visualización deste proxecto. É un dos primeiros lugares deste tipo que se poñen en marcha en Galicia e un dos oito proxectos que se contan na serie.


Esta aposta pola formación e as residencias artísticas no rural desde a sostibilidade non busca só danza, senón tamén natureza, benestar social e desenvolvemento profesional. Caterina Varela explica o caso de TRC Danza, que é a programación anual de danza do Teatro Rosalía de Castro. Esta experiencia urbana mestura diferentes estilos de danza cun traballo de mediación cultural


O que pode a danza é un proxecto da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega. Coordinada por Cristina Domínguez Dapena, entre os seus membros figuran Eduardo Alonso Rodríguez, Natalia Balseiro, Montserrat Capelán, Carlos Vizcaíno Fernández, Beli Martínez, Ramon Pinheiro Almuinha e José Manuel Sande García.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page