top of page

‘O Principiño’ protagoniza o concerto de Nadal da Agrupación Musical do Rosal

  • metanoiagalicia
  • 11 dic 2023
  • 1 Min. de lectura

O auditorio municipal acollerá este sábado 16 á tarde este espectáculo familiar que contará cos actores Cristina Collazo, Josito Porto e Sole Felloza


Cartel da función. Cedido

Metanoia


O espírito festivo entra con forza no Rosal esta fin de semana da man da Agrupación Musical do Rosal, que ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, un espectáculo para público familiar cheo de luz, imaxes, son e sorpresas que conquistará a todas e todos os asistentes.


O sábado 16 de decembro o escenario do auditorio municipal acollerá ás 19.30 horas un completo e variado concerto no que O Principiño exercerá de fío condutor dunha actuación na que participará a banda da Agrupación Musical do Rosal, o coro da Escola de Música e que contará cos actores e actrices Cristina Collazo, Josito Porto e Sole Felloza.


A entrada será de balde para toda a rapazada da Escola de Música, que deberá retirar o tícket previamente na oficina, mentres que para socios e socias terán un prezo de 3 euros e poderán retirar da propia oficina un máximo de dúas entradas por persoa. Pola súa banda, para o público xeral o boleto terá un prezo de 5 euros e poderán adquirilas tamén na oficina, en punterazapatos ou en Milar Teleson.


A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a todos os rosaleiros e rosaleiras “a gozar dun concerto único escoitando música de calidade feita con moito agarimo polos grandes músicos e músicas do noso concello”.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page