top of page

Música e teatro para celebrar a Santa Icía en Tomiño

  • metanoiagalicia
  • 15 nov 2023
  • 1 Min. de lectura

A Agrupación Musical de Goián porá banda sonora ao espectáculo 'A familia Brañas' da Cova das Letras este sábado 18



Cartel da función. Cedida

Metanoia


Tomiño celebra o día da patroa da música por todo o alto. A Agrupación Musical de Goián subirase ao escenario este sábado 18 de novembro para ofrecer ao público un concerto de Santa Icía diferente: un espectáculo de teatro musical no que integrantes da propia agrupación e da súa banda xuvenil porán banda sonora a unha divertida obra baixo a batuta de Pedro Villarroel.


Será con A familia Brañas, un espectáculo de A Cova das Letras no que os músicos

da Agrupación estarán acompañados sobre o escenario polos actores Cristina Collazo,

Anxo García e Martiño Mato.


Dirixido a público familiar, a historia comeza cando as e os protagonistas emprenden unha viaxe en busca dun mundo mellor atravesando o perigoso estreito das Augas Fétidas. No medio do camiño, Franki e Lobis atópanse coa Santa Compaña, unha banda de músicas errantes dirixidas e encabezadas pola temible e cruel Morte. A ela únense pensando que van en busca da boa vida, pero a Morte quere facelos "pasar a mellor vida" dando comezo a unha historia chea de peripecias que non deixarán indiferentes a ninguén.


A alcaldesa, Sandra González, anima a toda a veciñanza a achegarse ao Auditorio de

Goián e gozar un ano máis dun espectáculo único co que a Agrupación Musical

namorará ao público. A actuación será ás 19.30 horas con entrada de balde.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page