top of page

‘Encontros en familia’: unha búsqueda de debate e reflexión na Guarda

  • metanoiagalicia
  • 10 nov 2023
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 16 nov 2023

Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo, traballadora social clínica e psicoterapeuta, dirixirán esta charla enfocada nas rupturas de parella e os cambios asociados ao núcleo familiar que isto provoca
'Encontros en familia' no concello de A Guarda. Faro de Vigo

Metanoia


O martes 7 de novembro terá lugar a quinta sesión deste programa: ‘Ruptura da parella, moitas perdas e algunhas gañancias’, que tivo os seus comezos no mes de xuño.


Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.


O obxectivo destes encontros é fortalecer as capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.


Son 7 encontros en total, no que nalgúns deles xa se trataron temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. Ditas charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30h a 21:00h. A entrada é libre ata completar aforo.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page