'Dálle o móbil ao neno, que así non molesta'
- metanoiagalicia
- 14 nov 2023
- 2 Min. de lectura
1 de cada 3 adolescentes realiza un uso compulsivo do teléfono móbil e case a metade o fai para non sentir soidade

(Imaxe: Shutterstock)
Aroa Gutiérrez
Nunca unha frase, neste caso ficticia, foi tan real. Un pequeno xesto que pode parecer inocente pero que, abusar del, ten máis perigo do que cremos.
A dixitalización excedeu o ámbito persoal para ser a columna vertebral da educación. Abandonan os libros por tablets e computadores e ese é só o primeiro paso. Tamén logrou facerse oco nas actividades extraescolares engadindo un plus de tecnoloxía no día a día dos máis pequenos, pero en que punto comeza o que coñecemos socialmente como ‘adicción ás pantallas’?
Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, explicou en declaracións a Metanoia que primeiramente se debe saber que é unha adicción. Segundo a OMS, unha adicción é unha enfermidade física e psicoemocional que crea unha dependencia ou necesidade cara a unha substancia, actividade ou relación. Obsérvase como a tecnoloxía non ten cabida na devandita definición xa que aínda non se recoñece clínicamente, o que non o fai inexistente.
Como detectar que existe unha adicción?
Antonio Rial recomenda seguir unhas pautas claras e contundentes á vez que sinxelas de levar a cabo. Resúmense en catro letras formando as siglas OCLA: observar, controlar, limitar e acompañar.
Cando unha persoa vese absorbida e superada polas novas tecnoloxías o primeiro sinal para a súa detección é o cambio, tanto a nivel conductual como no seu estado de ánimo. Antonio explicaba a importancia da observación: “Como non somos conscientes de que pode haber un problema dámoslle o móbil a unha idade moi temperá, é moi vulnerable e 24/7 meténdose nunha cantidade de leas que teñen consecuencias graves que invaden a súa rutina e modulando o seu estilo de vida, a maneira de relacionarse cos demais e a súa autoestima”.
O seguinte paso é o control e a importancia de marcar límites. “2 de cada 3 rapaces teñen móbil e dormen con el na habitación. Utilízano? Se o utilizan e pásanse 2 ou 3 horas cunha hiperestimulación antes de durmir, as súas neuronas actívanse e non son capaces de descansar, isto afecta á hixiene do soño”, declaraba Antonio Rial.
O estudo de Unicef ‘Impacto da tecnoloxía na adolescencia’ coordinado pola USC no ano 2021, recolle que en 1 de cada 4 fogares nos que viven adolescentes hai fortes discusións cada semana por culpa das pantallas. Por iso é necesario un acompañamento exhaustivo no proceso de entrega e uso dos dispositivos tecnolóxicos desde o primeiro día. Unicef expón unha guía ‘Guía Pantallas en casa’ para axudar nesta tarefa, amoldándose ás diferentes idades e tendo en conta as diferenzas que xorden entre pais e fillos.




Comentarios