top of page

Chaves para frear a violencia sexual entre menores: Identificar, apoiar e limitar

  • metanoiagalicia
  • 2 dic 2023
  • 2 Min. de lectura

A Sociedade Española de Epidemioloxía considera que a violencia sexual en menores é un problema de Saúde Pública e demanda máis recursos para previla


Imaxe creada por IA


Metanoia

Unha identificación temperá, o apoio emocional, a colaboración coa xustiza e a adopción de actitudes críticas fronte á pornografía son chaves para frear a violencia sexual entre menores, de acordo coa Sociedade Española de Epidemioloxía (SEE).


A través do seu Grupo de Traballo sobre Xénero, Diversidade Afectivo-Sexual e Saúde, a sociedade científica advertiu de que a violencia sexual entre menores é un grave problema de Saúde Pública en todo o mundo, e España non é unha excepción.


Educación con perspectiva de xénero


No plano educativo, a SEE sinala que a educación afectivo sexual, tanto de menores, como de persoas adultas, é vital para rematar con esta problemática. E é que, a educación en sexualidade pode contribuír a mellorar as actitudes de confianza e autoidentidade, así como as relacións equitativas. Por este motivo, a SEE é partidaria de que a educación afectivo-sexual forme parte do currículo escolar, para que os nenos, nenas e adolescentes reciban información e formación sobre os seus dereitos, os límites da conduta sexual, e saiban identificar situacións de violencia.


Dado que a violencia sexual está fortemente enraizada en estruturas patriarcais, é importante que os plans e programas para acabar con estes delitos leven a cabo desde unha perspectiva de xénero que axude a evitar a reprodución dos machismos cotiáns.


A mayoría das víctimas son nenas e mulleres adolescentes


En canto ao perfil das vítimas deste tipo de violencia, a gran maioría son nenas e mozas adolescentes, mentres que, polo xeral, os perpetradores son mozos adolescentes. De feito, unha de cada dúas vítimas de delitos contra a liberdade sexual cometidos no 2020 era menor de idade, segundo datos do Ministerio do Interior.


Todas as formas de violencia sexual contra menores teñen un impacto devastador sobre as vítimas, que inclúe danos físicos e psicolóxicos a curto, medio e longo prazo. A pesar diso, a SEE lamenta que, a miúdo, estes casos pasan desa

percibidos e non son denunciados, o que dificulta a súa prevención e o seu tratamento.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page