O goberno socialista de Nigrán destina máis da metade dos orzamentos en subvencións municipais
- metanoiagalicia
- 14 nov 2023
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 16 nov 2023
Seguindo as trazas de desenvolvemento o Concello leva a cabo unha iniciativa para o vindeiro nadal para promoción do comercio local

Metanoia
Juan González, alcalde de Nigrán, afirma que as subvencións dadas ás diferentes asociacións do municipio é unha contraprestación por "xenerar un Nigrán máis amable para as persoas". Dende o goberno municipal destináronse 42.782€ do total de 80.000€ de orzamentos.
As asociación deportivas do municipio pontevedres son as máis subvencionadas por esta partida no seu conxunto, logrando un monto de 21.977€ para dezaoito asociacións. Aínda que, as sociedades culturais son as que finalmente acadan unha maior cantidade de subvención de xeito individual, posto que os 14.241€ de partida repartiranse entre dez entidades locais. Por outra banda, as asociacións de veciños e festas son as que menos cantidade da subvención cobrarían, acadando esta un total de 6.383€.
A alcaldía toma esta decisión, según González, xa que "considérase de xustiza axudalas porque todas reverten o seu traballo no benestar da veciñanza. Son os grandes promotores no municipio das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso ímos continuar na mesma liña".
Seguindo a mesma liña de acción, o concello de Nigrán, busca negocios interesados en participar na campaña de promoción do negocio local deste nadal, que fai en colabortación coa asicación de empresarios Ovalmi. Os comercios interesados en particpar nesta iniciativa poderán facelo ata o vinte de novembro nun formulario web. "A campaña de Nadal de promoción do comercio local é xa unha tradición do Concello de Nigrán. Serve tamén para conciencienciar á cidadanía da responsabilidade individual de cada un de nos á hora de consumir e dá continuidade ao noso traballo ao respecto", explica o alcalde, Juan González.
Dende o concello trasladan que o obxectivo desta campaña é darlle continuidade ao lema #VivoEnNigránComproEnNigrán e #EuSonDeMercarEnNigrán, axudándos dos rostros coñecidos dos comerciantes locais da cidade.





Comentarios