O executivo lucense aproba as bases xerais das Ofertas de Emprego Público dos próximos anos
- metanoiagalicia
- 15 nov 2023
- 2 Min. de lectura
Aínda que o sindicato AFI-USO desmarcouse dende o comezo do proceso, este saíu a diante con unanimidade dos sindicatos presentes

Valeria Salazar
O Concello de Lugo disporá dende esta semana das bases xerais que rexerán as Ofertas de Emprego Público dos vindeiros anos. A aprobación das bases permitirá ao Executivo de Lara Méndez, alcaldesa da cidade, convocar inmediatamente as plazas contempladas nas OEP's de 2021 e 2022.
O documento obtivo a unanimidade dos sindicatos presentes na Mesa de Negociación, da que AFI - USO se desmarcou dende o inicio do proceso. Pablo Permuy, responsable da área de Persoal, agradeceu o labor realizado polas forzas que participaron no proceso "co que se acadou un texto amplo e colaborativo ao que se incorporaron máis do 50% das achegasrealizadas”, declara.
Forzas particpantes
A Mesa de Negociación lucense das bases xerais das Ofertas de Emprego Público (OEP) estivo conformada por CC.OO, CSIF, CIG, UXT e SPPLB, esta última sen dereito a voto. O sindicato AFI-USO abstívose deste proceso dende os seu plantexamento, "a pesar de que o obxecto da reunión non gardaba relación coas reivindicacións que esgrimía o colectivo", comenta Permuy.
Este documento sae a luz tras dúas xornadas de debate nas que todos os sindicatos puideron opinar, engadir e debatir todo o que estimaron oportuno, acadando entón unha representatividade total de todas as posturas neste acordo, o cal, considérase "unha ferramenta de gran utilidade á hora de afrontar a coberturadas prazas recollidas nas OEP’se de dotar de recursos humanos á Administración local na procura dunha maior eficiencia da Institución de cara á cidadanía", sostén o responsable da área de Persoal do concello.
O obxectivo deste acordo é regular o procedemento xeral para o acceso en propiedade das prazas vacantes de funcionarios e funcionarias de carreira e persoal laboral, en quedan libre e promoción interna. Nestas prazas inclúense as ofertas de emprego público do Concello Lugo a razó. de 26 prazas dentro da OEP de 2021 e 35 na de 2022.




Comentarios