top of page

O BNG en disputa con Abel Caballero, alcalde de Vigo, pola mala xestión do transporte urbano

  • metanoiagalicia
  • 10 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 16 nov 2023

O partido Nacionalista critica a falta de transparencia no estudo encargado polo concello para a análise da situación sobre o servizo de autobuses da cidade
Vitrasa

Metanoia


Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo, vén de criticar a xestión do goberno municipal sobre o funcionamento do transporte público da cidade. Neste sentido, móstranse especialmente reticentes ao estudo solicitado polo goberno que costará 320 mil euros e que desde esta formación política consideran unha “cortina de fume” para tapar as deficencias do servizo.


A supresión de 250 frecuencias diarias, a desaparición de varias liñas, os horarios “irracionais” e un mapa de rutas “obsoleto” que “castiga” aos barrios e parroquias periféricas” son algunhas das cuestións que máis preocupan ao partido nacionalista, que critica a privatización do servizo.


Precisamente, desde o BNG esixen a remunicipalización do transporte público, avogando por recuperar a xestión do servizo desde a administración municipal e criticando que desde o goberno de Vigo prorrogaran durante cinco anos máis o servizo da actual empresa concesionaria. Conseguindo con isto que o transporte da cidade “continúe a ser fonte de negocio privado”, deixando desatendidas “as necesidade da veciñanza”.


Desde a formación nacionalistas propoñen recuperar a xestión pública dos autobuses e critican a falta de transparencia no estudo a realizar. Así, consideran que a solución pasa por un “verdadeiro diálogo” co tecido asociativo e co movemento veciñal por ser quen coñece mellor os problemas do servizo.


Revolucionar a mobilidade e empresa pública


Fronte a esta situación, o portavoz municipal do Bloque chamou a “revolucionar” a mobilidade en Vigo, cun novo modelo que teña o transporte colectivo como piar. “O futuro da nosa cidade ten que pasar por unha mobilidade alternativa, e iso esixe que o servizo de bus urbano sexa unha opción real que permita que as viguesas e vigueses non estean obrigadas a coller o coche”, demandou.


Dende a fronte nacionalista cuestionaron nese sentido que o servizo de bus urbano teña que estar baixo xestión dunha empresa privada, cando existen exemplos de cidades con menor poboación e capacidade económica que contan xa cunha empresa pública de transportes.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page