top of page

"Galicia hai que tratala punto por punto, é moi complicado facelo de xeito xenérico"

  • metanoiagalicia
  • 21 nov 2023
  • 4 Min. de lectura

A complexidade de alugar en Galicia contada por Isabel Cotelo


Cedida. Isabel Cotelo.

Valeria Salazar


A escaseza de inmobles destinados á vivenda é un problema moi crítico na comunidade autónoma debido á falta de vivendas e os prezos desorbitados das poucas que hai en condicións de habitabilidade óptimas. A esta situación hai que engadirlle un novo factor de tensión, as residencias vacacionais que se están apropiando do sector debido á eficiencia económica que lles reporta aos seus donos. Moitos destes declaran que lles compensa mais alugar o inmoble durante certas épocas estivais do ano e mantelo en desuso a outra parte do tempo, xa que lles compensa economicamente.


Isabel Cotelo é a delegada de Galicia da Asociación de Mulleres Profesionais do Sector Inmobiliario (AMPSI), ademais tamén é xerente e CEO principal da inmobiliaria Será por casas en A Coruña. Cotelo pese a traballar no sector inmobiliario na actualidade consta do grao en psicoloxía, comunity manager, é perito xudicial homologado e algo mais relacionado coa súa actual realidade, é técnica inmobiliaria.


Debido a súa experiencia laboral no sector dende 2015, citámonos con Isabel Cotelo para comentar o problema existente coa vivenda en Galicia, e para resaltar unha evidente solución que está chegando aínda á comunidade autónoma, pero que a paso prudente espallouse todo o territorio, a conversión de baixos comerciais en vivendas.


¿Na actualidade existe unha demanda elevada de baixos comerciais como vivendas?


Si, agora mesmo hai máis demanda que oferta porque no todos os baixos compren coa normativa de conversión, xa que é un cambio de uso máis complexo do que parece. Ademais de cumprir coa normativa hai que cumprir unha serie de especificacións en cuanto á capacidade de uso do edificio. Isto é algo que non se teñe en conta y despois chegan as licencias denegadas por este factor. Hai que ter en conta a capacidade dos servicios de abastecemento que teñe a rúa e demais, que soen estar delimitados para un número concreto de vivendas. A veces estes servicios pódense ampliar, pero hai veces que non.


Hai veces que o baixo pode parecer á vista que cumpre coa normativa, pero non o fai co uso, polo que hai que telo en conta todo.


En Galicia a normativa soe ser máis estrita que en outras comunidades autónomas, nas que non hai tantos requirimentos para levar a cabo estas reconversións, ¿Cal é a túa postura fronte a esta rixidez na comunidade autónoma, formando parte de AMPSI?


Algunhas das normativas son autonómicas e outras son estatais, polo que iso de que a normativa sexa diferente o vexo complicado. O que pode diferir deuns sitios a outros é esta outra parte que che comentei, que non se coñece tanto e non se soe consultar, e é que a reforma tamén depende das restricións do número de vivendas asociadas a cada edificio que ten relación coa rúa.


Neste punto é onde pode existir a diferenza, pero non urbanisticamente falando, xa que as normas urbanísticas son de carácter xeneral.


Esta incipiente demanda de baixos comerciais como vivenda ¿estase a producir pola falta vivendas convencionais e o uso destas con fins turísticos?


Eu creo que aquí están a ocorrer dúas cousas, unha, é a que ti comentas, aínda que tamén hai que apuntar que moitos destes baixos que se reforman tamén destínanse a fins turísticos, de feito, a meirande parte dos baixos que sofren estas conversións acábanse destinando ao turismo. E outra é que os baixos comerciais están a vivir un momento moi baixo porque péchanse mais negocios dos que se abren, polo que hai moito baixo comercial baleiro e este é un novo uso que se lle poden dar. Neste sentido está ben poder aproveitalos.


¿Os prezos destas vivendas soen ser diferentes ás vivendas convencionais?


Isto vai a depender da localización e do tipo de reforma que se lle faga. Dependendo da reforma, a calidade e o deseño desta ademais da localización, que é o que soe marcar o prezo do inmoble, pois o prezo irá acorde a isto.


As veces o que ocorre é que as persoas pensan que os baixos serán mais baratos e realidade é que moitas veces non, porque hai baixos que se deseñan dun xeito espectacular, teñen un patio interior ou certas características que fan que o seu prezo dispárese.


¿Nalgún momento por ser un baixo a pé de rúa encontrouse con persoas mais reticentes ou algunha negativa de primeiras?


Si, hai xente que xa te di no primeiro contacto que si é un baixo vivenda non o quere. Pero iso sempre o houbo e tamén hai negativas por mais cousas, por exemplo, hai persoas que te din que si é un primeiro ou un último non os queren. Pero hai público para todo tipo de produto.


¿Ao formar parte dunha asociación a nivel nacional cres que o problema da vivenda en Galicia pronúnciase máis?


Galicia como comunidade é moi diversa, non é o mesmo A Coruña, Lugo, Ourense ou Pontevedra. Galicia hai que tratala punto por punto, é moi complicado facelo de xeito xenérico, o que si podo dicir é que a nivel estatal temos as mesmas dificultades, non hai moito produto e non hai alugueres.


Despois en Galicia si que é certo que hai cidades que se resenten moito mais, A Coruña, Vigo e Santiago creo que son as cidades mais tensionadas polo tema do aluguer, pero a nivel xeral fai falta produto.

Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page