top of page

Decenas de manifestantes agrupáronse esta mañá ás portas da consellería de Medio Rural

  • metanoiagalicia
  • 15 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

Os bombeiros e bombeiras forestais da capital galega convocados pola CIUG reclaman melloras laborais



Cedida. Bombeiras e bombeiros manifestantes fronte a consellería de Medio Rural.

Valeria Salazar


Os bombeiros e as bombeiras forestais de Santiago de Compostela reuníronse fronte a consellería de Medio Rural, convocados pola CIUG, para esixir un novo acordo que mellore o anterior e sexa de aplicación tanto para o persoal funcionario como laboral que traballa no sector.


As queixas do persoal do corpo de bomeiros non é algo novo, senón que xa o pasado 29 de setembro este sector tivo que movilizarse polas rúas para conseguir 700 sinaturas, recurrir á Valedora do Pobo e denunciar ante os medios públicos a súa situación de desacougo laboral, para que a consellería de Medio Rural aceptase unha reunión. Aínda así, non foi tras convocar esta folga que puidéronse reunir, debido a unha falta flagrante de interés polo organismo público.


Condicións laborais precarias


O sector do lume forestal enfréntase a un acordo «abusivo», segundo declara a CIUG, debido a uns horarios abusivos de "xornadas maratonianas" que poñen en perigo a súa seguridade durante a realización do seu traballo. Ademais, este colectivo non conta con unha contraprestación económica que supla estes longos horarios nin as xornadas realizadas durante as fines de semana e festivos. Este dereito xa foi recortado pola crise 2012, segundo explica o comité.


Estes traballadores denuncian que os seus compañeiros de seis meses encontránse "obrigados a vivir por debaixo do limiar da pobreza", xa que a Xunta, pese as continuas reclamacións e denuncias por parte do sector, négalles a compatibilidade para traballar no periodo de inactividade dos seus contratos, explican.


"Nin o persoal funcionarizado desde o mes de xullo deste ano, nin as brigadas helitrasportadas de nova creación, nin os compañeiros e compañeiras que van ser reconvertidos proximamente, contan cun acordo que regule e protexa as súas condicións laborais", denuncia UGT. Por todas estas violacións continuadas dos dereitos dos traballadores é polo que o sector lanzouse ás rúas a protestar.


Reclamacións da administtración por unhas condicións dignas


Segundo UGT, os bombeios e bombeiras santiaguesas piden a Xunta de Galicia unha "carteira negociada, única e anual; compensación por traballar fins de semana e festivos; horarios que permitan o descanso e a conciliación; ampliación do tempo de traballo do persoal de seis meses; a aplicación de coeficientes redutores e catálogo de enfermidades profesionais que corresponden por lei as bombeiras e bombeiros forestais".


Ademais, tamén piden una reforma das instalacións e unha maior implantación de medidas para reducir os riscos laborais, todas reformas dirixidas a fomentar o desenvolvemento dun acordo que mellore o V Convenio do persoal laboral, para deste xeito apaliar as desigualdades entre os compañeiros e compañeiras do corpo.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page