top of page

Carmela González acusa ao PP de deixar atrás a Galicia no paso do coche de combustible ao eléctrico

  • metanoiagalicia
  • 30 nov 2023
  • 2 Min. de lectura

O BNG advirte que a Xunta non aposta polo desenvolvemento da automoción en Vigo ante a decisión de Stellantis de trasladar a Zaragoza a súa planta de baterías

Cedida. Carmela González, deputada no Parlamento en Galicia.

Metanoia


A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Carmela González acusou á Xunta do PP de “carecer de política industrial” e ao presidente Rueda de facer “seguidismo de Stellantir para continuar o seu confronto co Goberno central”.


Por outra banda, advertiu que a xestión do Goberno galego no ámbito industrial “deixa

atrás a Galiza” no paso do coche de combustible ao coche eléctrico como demostra a

súa falta de interese para defender a implantación dunha fábrica de baterías tan

necesaria para apuntalar o sector da automoción. Neste sentido, reprochou o silencio

de Alfonso Rueda tras a decisión de Stellantis para trasladar a Zaragoza a súa planta

de baterías.


Carmela González lembrou que o clúster da automoción galega (CEAGA) aglutina

200 empresas e xera máis de 23.000 empregos,que supón preto do 14% do emprego

industrial e 15% do PIB galego. A súa facturación no ano 2022 ascendeu a 22.550M€

e as exportacións do sector equivalen ao 27,5% do total do país.


A falta de aposta de Stellantis pola factoría de Vigo estase evidenciando cos continuos

anuncios de inversións noutras plantas da compañía e evitando comprometerse en

serio coa planta viguesa como evidencia a falta de concreción na posta en marcha da

nova plataforma eléctrica, concretamente da denominada plataforma STLA Small, e a

decisión de trasladar a Zaragoza a súa planta de baterías.


Unha vez máis, recalcou a nacionalista, “Galiza queda fóra de calquera posibilidade de contar cunha fábrica de baterías”, unha instalación fundamental preto da planta de fabricación de coches para a viabilidade da súa produción automóbiles e o futuro das

empresas auxiliares.


A deputada preguntou ao secretario Xeral de Industria, Nicolás Vázquez se o Goberno

galego aposta pola instalación dunha fábrica de baterías en Galiza xa que ao xuízo as

xestión do presindente Rueda, o ex-conselleiro Conde e actual conselleira Lourenzana foron “escasas e insuficientes” e sempre baixo as directrices de Stellantis.


Carmela González demandou impulsar “o Plan Galego pola Automoción” e preguntou

polas previsión da Xunta para convocar para a súa elaboración aos axentes

implicados e organización sindicais.


O pasado 17 de outubro, en Zaragoza, explicou a deputada viguesa, o ministro en

funcións Hector Gómez avanzou que en 2024 a liña de axudas asdenderán a 1.200M€

e o Goberno Galego debe asegurar a inversión necesaria para a implantación duna

fábrica de baterías na área de Vigo que permita apuntalar o futuro a medio prazo da

planta de Stellantis e da industria auxiliar da area de Vigo.


“Urxe poñer en marcha xa un Plan Galego para a Automoción que garanta os máis de 23.000 empregos director e incrementalos, nun contexto no que a cidade de Vigo perdeu 6.100 empregos industriais desde o ano 2009”

A deputada lamentou, que unha vez máis, o secretario xeral de Industria, Nicolás

Vázquez evitara comprometerse sobre a instalación da fabrica de baterías na área de

Vigo.


Comentarios


© 2035 by David Cam.

Powered and secured by Wix
 

  • TikTok
  • Instagram
  • X
  • Youtube

 Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña metanoiagalicia@gmail.com

Tel: 637 355 870

bottom of page